domingo, 21 de junio de 2015

RONI DO SANSA


David Varela Freire.

 Medio centro-dereito, xogador de medio campo, pódese adaptar a calquera posto no centro do xogo, xa que é moi versátil e listo no xogo, rápido na execución das xogadas e unha ampla visión do xogo combinativo con gran desprazamento de balón como o xogo en curto.
As súas orixes veñen do Sansa (C.F San sadurniño) de onde chega ao Racing Club Ferrol en categoría de infantil, rápido empeza a subir polos diversos equipos da entidade, onde xoga no Infantil Galega, Cadete Galega (Quedando campión e ascenso a División de Honor) e este último ano en Cadete División de Honor, quedando 4º con 65 puntos en 34 partidos (19 gandos, 8 empatados e 7 perdidos) goles a favor (55) en contra (37) en palmarés de David no Cadete División de Honor foi 31 partidos xogados con 1 gol e 1 tarxeta amarela.



Este ano deixa a disciplina do Racing de Ferrol para desprazarse a Suiza (Geneve) por motivos persoais onde fixo xa as probas no Etoile Carouge FC (Filial do Servette Football Club) onde causo unha gran sensación e xa teñen diversas proxeccións para el.
Desde aquí desexarlle sorte nos seus novos proxectos e esperando que o fútbol que leva dentro póidao demostrar nos diversos campos de fútbol e póidanlle axudar a desenvolver o gran potencial que ten, tanto humano como deportivo?



¡¡¡¡?MOITA SORTE RONI DO SANSA?..!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario